sábado, abril 19, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas reparte 600 rosas e vales de compra no comercio local para...

Ponteareas reparte 600 rosas e vales de compra no comercio local para celebrar San Valentín

Seiscentas rosas das floristerías locais e sorteos de agasallos e vales de compras para mercar na praza de abastos acompañaron a celebración do Día de San Valentín no marco da campaña especial que lanzou o Concello de Ponteareas para promocionar o comercio local.

Acompañados do director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, a alcaldesa Nava Castro e o concelleiro de Comercio, Ricardo González, repartiron entre a cidadanía que se achegou aos Xardíns da Xiralda rosas blancas das floristerías da vila Bonsai, Fany, Jazmín, La Primavera, Lucía, Sabanah Deco&Natur e floristería Tere.

Sumáronse ao reparto de rosas os concelleiros de Xuventude, Christian Montes, e o segundo tenente de alcaldesa, Jesús Cao. Ao longo da mañá a cidadanía tamén puido xogar á ruleta e acadar premios que fomentan o coñecemento do comercio local a través de vales canxeables coas compras.

Ademais, durante a xornada o concelleiro de Comercio presentou ao director xeral de Comercio a nova APP na que os consumidores poderán atopar todas as campañas que o Concello ten marcha ao longo do ano, non só para promocionar os establecementos tamén para informar de concursos, sorteos, descontos e beneficios do comercio local dispoñibles para a cidadanía.

A maiores, o espazo diante da Casa Concello estivo adornado grazas á colaboración con Avelaíña Saúde Mental que traballou na confección de adornos especiais para celebrar o día de San Valentín.

Entrevista ao director xeral de Comercio, Gabriel Alén:

Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas:

Ricardo González, concelleiro de Comercio de Ponteareas:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS