sábado, febrero 22, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas inviste máis de 50.000€ na estrada que une Arnoso e Guláns

Ponteareas inviste máis de 50.000€ na estrada que une Arnoso e Guláns

O Concello de Ponteareas inviste 55.350,28€ na pavimentación e mellora da estrada municipal que une as parroquias de Arnoso e Guláns, concretamente entre o cemiterio municipal de Xinzo e o barrio de Outeiriño.

Este tramo, de máis de 600 metros lineais, ten un alto tránsito de vehículos e supón
a conexión máis utilizada polos veciños das parroquias de Arnoso e Guláns non só
para interconectarse entre barrios senón tamén para acceder á N-120.

A obra foi realizada co apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025 e co apoio do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

O goberno de Ponteareas adianta que «seguirán avanzando na mellora dos servizos públicos» e sinalan a «importancia desta obra que permite un acceso máis seguro aos fogares, dinamizan a conexión entre barrios e facilita o paso dos vehículos sanitarios, de emerxencias e de subministros«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS