jueves, febrero 13, 2025
InicioNewsComarcasMúsica DJ e de tuna para celebrar o Día dos Namorados no...

Música DJ e de tuna para celebrar o Día dos Namorados no Porriño

 “Amor polo Porriño” ese é o lema co que o Concello do Porriño celebra o Día dos Namorados. Un programa, que abrangue o propio día 14 e tamén o 15 de febreiro, no que haberá moita música e a instalación dun fondo/escenario con elementos e decoración propia desta xornada para que todos poidan inmortalizar o momento.

Mañá venres, a partir das 18.00 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios, haberá animación con DJ e habilitarase un espazo cun photocall, para que calquera que así o desexe deixe a súa pegada de “Amor polo Porriño”. Ademais realizarase tamén un sorteo de agasallos.

A música de tuna chegará o sábado, a partir das 12.00 horas polas rúas do centro urbano, cando a agrupación Tuniña Veterana Gaia deleite á veciñanza cos seus acordes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS