O presidente da Xunta de Galicia e candidato a liderar o PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, asinou a súa dimisión como presidente dos populares galegos. É un requisito dos estatutos para poder ser presidente do PP de toda España. Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG, asume como interino as súas funcións.
A renuncia de Feijóo faise efectiva este 1 de abril, cando arranca o Congreso en Sevilla no que será proclamado líder da formación.
En concreto, os estatutos da formación recollen que non é posible compaxinar o liderado do partido a nivel estatal co da organización en Galicia.
«Renuncio á honra de ser presidente do PP de Galicia, pero manteño o orgullo de seguir sendo militante deste partido na terra onde nacín e que me deu todo o que teño, e para a que seguirei traballando desde a nova responsabilidade que asumo a nivel nacional», recolle a carta na que Feijóo diríxese aos seus compañeiros de partido e da que informou o PPdeG.
Pola súa parte, Miguel Tellado, secretario xeral de los populares gallegos, asumirá de forma interina e sin saber por canto tempo, as competencias e responsabilidades dese cargo.