jueves, febrero 13, 2025
InicioNewsActualidadePlacas solares no pavillón de Mos para autoabastecer dependencias municipais

Placas solares no pavillón de Mos para autoabastecer dependencias municipais

O Concello de Mos vén de recibir a aprobación da Deputación de Pontevedra para financiar parte dun proxecto de colocación de placas solares no pavillón Oscar Pereiro.

Deste xeito, a Administración Local dará cobertura eléctrica ás dependencias municipais do seu entorno, como son a piscina municipal, o edificio multiusos As Pozas, o CEIP de Petelos, a escola infantil Galiña Azul de Porteliña, a biblioteca municipal María Magdalena, o Xulgado de Paz e á propia casa consistorial.

A instalación destas placas solares no pavillón repercutirán así na factura da luz de Mos, pois suporá un aforro considerable para o Concello, que vén gastando de media 4.000 euros en electricidade, sendo aproximadamente 6000 euros nos meses de inverno.

A Deputación aportará o 25% do custe da instalación das placas solares, o Concello de Mos aportará a mesma cantidade e o 50% restante será financiado a través dos fondos europeos Next Generation.

A iniciativa forma parte do programa provincial para o fomento das comunidades enerxéticas no ámbito rural, que permite instalar ata un máximo de 185 paneis solares nas cubertas dos edificios municipais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS