A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condea a dez anos de cárcere a un home por cometer un delito continuado de abusos sexuais con penetración sobre a neta pequena da súa parella, desde que a pequena tiña sete anos ata que cumpliu os doce. Ademais, o acusado deberá abonar 60.000 euros á vítima polos danos morais ocasionados.
O tribunal explica que o procesado, “movido pola intención de satisfacer os seus desexos”, e aproveitando que a menor convivía coa súa avoa e con el, ademais de cos seus pais e irmáns, realizoulle de forma continuada actos de contido sexual.
Os feitos relatados na resolución foron confirmados polo propio acusado ante a Audiencia Provincial e os maxistrados tamén destacaron a credibilidade do testemuño da vítima, corroborado polos informes psicolóxicos. Neles recóllese que a declaración da menor «contén criterios de contido suficientes para establecer que o relatado é propio dunha memoria baseada en feitos vividos”. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.