miércoles, febrero 12, 2025
InicioNewsActualidadeReforma integral para o parque infantil da Casa da Cultura de Salvaterra

Reforma integral para o parque infantil da Casa da Cultura de Salvaterra

Salvaterra de Miño vén de aprobar os primeiros proxectos para a reforma do parque infantil situado na Casa da Cultura do centro da vila, e que se tramitarán a través do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

O primeiro paso para encarar esta reforma integral vén tras a aprobación en Xunta de Goberno Local dos proxectos por un importe de máis de 446.000 euros.

Do mesmo xeito, aprobouse tamén a cofinanciación do Plan Extra, que abarca proxecto de humanización do entorno da Capela de San Roque en Cabreira por un importe de 138.410,39 euros e a reforma da cuberta da Casa da Cultura de Leirado por importe de 51.420,69 euros.

Esta cofinanciación acolle tamén a mencionada humanización e mellora do parque infantil da Casa de Cultura de Salvaterra, por valor de 257.092,07 euros, e consistirá na adaptación e mellora da infraestrutura existente, xerando un espazo novo, moderno e adaptado para os nenos e nenas que incluirá a instalación dunha pista polideportiva e novos xogos. Ademais, procederase tamén ao cambio do peche perimetral e o acceso ao mesmo.

A maiores, o goberno local asegura que «nas próximas semanas aprobarase un proxecto por valor de 150.000 euros para a reforma da zona de xogos e calistenia do Parque Público A Canuda, así como un proxecto de máis de 350.000 euros para asfaltados en viais municipais«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS