O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 14 de febreiro, ás 19:00 horas o espectáculo “Compaña” de Xampatito Pato. Esta obra para público familiar é a terceira proposta da programación do primeiro trimestre do ano neste espazo escénico.
“Compaña” é un espectáculo que fusiona o circo co mundo dos monicreques, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico. Nela, un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos. A través da historia o personaxe principal consegue sentirse acompañado e leva ao público por un camiño cheo de sorpresas e risas.
Con “Compaña” Xampatito Pato volve a Tui, onde estivera xa co seu anterior espectáculo “So”. O espectáculo, dirixido a público infantil, conta cunha duración de 50 minutos.
As entradas
As persoas interesadas poderán mercar as entradas, que xa está a venda, na páxina web do Concello de Tui aos prezos de 4€ e 3€.