miércoles, febrero 12, 2025
InicioNewsActualidadeA aldea Alfacuca de Mos comeza unha nova etapa tras a súa...

A aldea Alfacuca de Mos comeza unha nova etapa tras a súa rehabilitación

A aldea de Alfacuca, situada na parroquia mosense de Louredo, vén de ser recuperada co obxectivo de darlle un uso social, cultural e educativo para o desfrute de todos os veciños e veciñas da vila.

A conselleira de Medio Rural, María José Gomez, visitou o remate das obras na parroquia mosense, acompañada da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo así como outros membros do equipo de goberno e técnicos municipais.

A rehabilitación foi levada a cabo gracias á financiación do goberno galego, no marco dunha subvención do programa de proxectos singulares da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Deste xeito, a Xunta aportou cerca de 100.000 euros destinados á mellora da calidade de vida das persoas que viven no entorno e «asegurando que se pode vivir en e vivir do rural», tal e como indicaba durante a visita a titular de Medio Rural.

Os traballos realizados, que forman parte do plan municipal CoidaMos, consistiron na limpeza e desbroce dos terreos, a mellora do aceso ás plataformas do invernadoiro e a horta, a pavimentación dos camiños, a delimitación da zona da parcela onde se desenvolverán actividades e o acondicionamento interior e exterior das edificacións existentes.

Ademais, púxeronse en servizo os aseos, con duchas e vestiarios, e dotouse de abastecemento, saneamento e electricidade ao edificio.

Tras os traballos de rehabilitación financiados, o Concello de Mos vén de anunciar que sacará a concurso a explotación do espacio, co fin de garantizar o mantemento, conservación e actividade dinamizadora do sitio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS