miércoles, febrero 12, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas suspende os actos do Día Europeo do 112 por mor do...

Ponteareas suspende os actos do Día Europeo do 112 por mor do ingreso na UCI do bombeiro que sufriu un infarto

A xornada axendada para esta mañá en Ponteareas, con motivo do Día Europeo do 112, quedou suspendida debido á parada cardiorrespiratoria que sufriu a pasada noite un dos bombeiros da localidade.

O bombeiro, que sufriu unha parada cardiorrespiratoria mentres realizaba unha intervención na vila do Tea, foi atendido polos seus compañeiros que conseguiron devolverlle o puso cun desfribilador en tanto chegaron os servizos médicos.

Posteriormente, foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde permanece neste momento na Unidade de Coidados Intensivos, en observación e á espera de probas.

Dende o Concello de Ponteareas aseguran que «todos os profesionais do Parque de Bombeiros de Ponteareas se atopan consternados ante os feitos» e agardan «ter boas novas nas vindeiras horas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS