A Casa Cultural de Corzáns, en Salvaterra de Miño, propón un plan único para vivir as datas do amor dunha forma moi orixinal e diferente: un ‘speed date’, que eles mesmos titulan como ‘Corzáns vai de citas’.
Nun mes de febreiro cargado de eventos e actividades para realizar en parella e celebrar o amor, a rexedora da Casa Cultural de Corzáns quixo facer un agarimo a todas aquelas persoas solteiras que tamén queiran desfrutar destas datas.
Así é como naceu a idea deste evento de citas rápidas, no que a dinámica é a seguinte: as primeiras parellas saen por sorteo, sentaranse nunha mesa e cada sete minutos procederase a un intercambio de parellas, de forma que todas as persoas pasen por todas as mesas.
A actividade realizarase na cafetería da Casa Cultural de Corzáns este sábado 15 de febreiro, e dará comezo ás 22:00h. Ademais, a xornada estará amenizada por música durante toda a noite e a cafetería ofrecerá bocadillos e pratos combinados para os asistentes que desexen cear.
É preciso inscribirse previamente a través do número de teléfono 603 78 27 31 ou ben na propia cafetería da Casa Cultural.
![](https://www.siradio.gal/wp-content/uploads/2025/02/473336682_122215567112214447_5594936957474735918_n-741x1024.jpg)