miércoles, febrero 12, 2025
InicioNewsComarcasEvacúan a un bombeiro durante unha intervención en Ponteareas ao sufrir unha...

Evacúan a un bombeiro durante unha intervención en Ponteareas ao sufrir unha parada cardiorrespiratoria

Un bombeiro do GES de Ponteareas tivo que ser evacuado durante unha intervención ao sufrir unha parada cardiorrespiratoria. Segundo puido saber Si Radio, o home atopábase no camión cando comezou a sentirse mal. Nese momento, unha persoa que transitaba polo lugar percatouse e deu a voz de alarma aos compañeiros que se atopaban traballando nun lume dunha cheminea, na rúa de San Vicente. De contado, empregaron o desfibrilador que transportan no vehículo e conseguiron reanimar a este efectivo do parque de bombeiros da capital do Condado.

Tal e como explican desde o 112 Galicia, o incendio desa chimenea produciuse 20 minutos antes das 22:00 horas na rúa San Vicente e foi un particular o que deu a voz de alarma. Indicou que «non parecía haber ninguén no interior da vivenda nese momento». Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ponteareas e lograron sufocar o lume e eplicaron que «ardera o revestimento da tubaxe da cheminea». Tamén acudiron axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Precisamente, foi durante esta intervención cando un dos efectivos do GES de Ponteareas entrou en parada cardiorrespiratoria. Este axente atopábase no camión dos bombeiros e foi unha persoa que trasitaba polo lugar quen se deu conta de que se estaba atopando mal. Deu a voz de alarma e os seus compañeiros, a través do desfibrilador co que acuden ata as intervencións, lograron que recuperara o pulso. Foi trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS