viernes, enero 10, 2025
InicioNewsComarcasUnha trintena de alumnos galegos compiten nas olimpíadas estatais de FP

Unha trintena de alumnos galegos compiten nas olimpíadas estatais de FP

29 alumnos participan nas 27 competicións das modalidades oficiais.

 Unha trintena de alumnos compoñen a delegación galega que compite esta semana nas olimpíadas estatais de Formación Profesional, as Spain Skills 2022. Toman parte nesta competición os estudantes que acadaron medalla de ouro na fase galega do certame, Galicia Skills 2021.

O alumnado participante está acompañado polos seus titores. Tamén forman parte da delegación, en calidade de coordinadores técnicos, membros do xurado e xefes do equipo nacional de distintas competicións, outros oito docentes galegos.

Galicia presenta 29 competidores que participan en 27 habilidades, a totalidade das competicións oficiais que compoñen o certame. Ademais, a nosa Comunidade terá representación en tres modalidades de exhibición: Robótica colaborativa, Sistemas robóticos integrados e Industria 4.0. 

As Spain Skills 2022 desenvólvense entre hoxe e o venres 25 no recinto feiral IFEMA de Madrid e nelas mediranse as competencias de alumnos das 17 CCAA e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. A competición en si realizarase o mércores, xoves e venres, mentres que a entrega de medallas será o sábado a mediodía.

Falamos con Roi Álvarez, tutor do alumno que compite na modalidade de Recepción hoteleira do CIFP Manoel Antonio de Vigo:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS