miércoles, febrero 12, 2025
InicioNewsActualidadeO Termalismo Social de Ourense chega ao asistente Alexa de Amazon

O Termalismo Social de Ourense chega ao asistente Alexa de Amazon

A partir do próximo sábado 15 de febreiro, calquera usuario poderá interactuar con Alexa, ben a través dun altofalante intelixente, ben a través da aplicación, para preguntar dúbidas e acerca do programa de termalismo impulsado pola Deputación de Ourense.

O Termalismo Social da deputación arrincou o pasado 28 de xaneiro coa apertura do prazo de solicitude, que segundo informan dende a instución provincial, superou todas as expectativas con máis de 1000 solicitudes nas primeiras 48 horas.

Transcorridos uns días dende ese inicio, a Área de Benestar da Deputación de Ourense vén de anunciar que habilitará unha nova vía dixital de promoción: un asistente virtual de información sobre o programa a través de Alexa de Amazon, no que os usuarios e usuarias poderán realizar preguntas a este asistente acerca do programa da deputación, para resolver dúbidas.

Desta forma, dende o vindeiro sábado 15 de febreiro, Alexa Termal, que así se chama a skill desenvolvida pola instutición provincial neste asistente, comezará o seu período de proba, que funcionará en castelán. Ademais, está previsto que durante o primeiro semestre estea disponible tamén en lingua galega.

Dende a Deptuación de Ourense aseguran que «logo da súa posta en marcha en período de proba, a formulación é que o sistema aprenda e se vaia perfeccionando co paso das semanas«.

A función parte dunha serie de cuestións que permiten guiar á persoa usuaria sobre as preguntas que pode facerlle ao sistema e en función do uso e da información que reporte Amazon irase correxindo e perfeccionando.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS