domingo, febrero 23, 2025
InicioConcellos +As NevesAs Neves, lista para a Sestelo Clásica Álvaro Pino 2025

As Neves, lista para a Sestelo Clásica Álvaro Pino 2025

O Concello de As Neves volve colaborar un ano máis coa Sestelo Clásica Álvaro Pino, unha das probas de ciclismo máis destacadas do calendario galego, que se celebrará o domingo 25 de maio. Nesta edición, a gran novidade será o paso da carreira polo centro urbano de As Neves, permitindo que a veciñanza e visitantes poidan desfrutar do espectáculo deportivo moi de preto.

A presentación oficial do evento contou coa presenza do alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, a concelleira de Deportes, Ana Durán, e o concelleiro de Vías e Obras, José Luis Seoane. O goberno municipal reafirma así o seu compromiso co deporte e coa promoción de eventos de gran impacto na comarca.

Ademais, nos próximos días iranse desvelando máis detalles sobre a carreira, que promete ser unha edición chea de emoción e participación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS