miércoles, febrero 12, 2025
InicioComarcasBaixo MiñoO Concello do Rosal adquire unha parcela para destinala a novas infrastructuras...

O Concello do Rosal adquire unha parcela para destinala a novas infrastructuras sanitarias

O Concello do Rosal adquiriu unha parcela extratéxica, de máis de 1600 metros cadrados, situada frence ao actual centro de saúde por 90.000 euros máis IVE. O obxectivo é poñer o terreo a disposición da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e do Sergas, para a construcción de infrastruturas sanitarias que poidan atender as necesidades da veciñanza rosaleira e incluso da comarca.

A alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destacou que esta compra «sería un paso decisivo para garantir unha mellora na sanidade pública no Rosal, especialmente tendo en conta que o actual centro de saúde é insuficiente e a ampliación que propuxo a Xunta, ademais de carecer aínda de proxecto, non é viable pola falta de espazo. Non imos estar de brazos cruzados mentres o noso municipio sofre deficiencias sanitarias recoñecidas» explica a rexedora.

O Concello do Rosal vén de solicitar unha reunión coa Consellería de Sanidade para informar da adquisición da parcela, dun tamaño equivalente a tres centros de saúde como o actual. Ademais, de valorar as particularidades do centro de saúde e levar a cabo unha modificación urbanística que considere esa zona de equipamentos adaptada ás necesidades. O novo terreo permitiría a construción dun novo centro de saúde equipado e moderno, así como de outro tipo de dotacións sanitarias que se puideran necesitar no municipio e na propia comarca. Por outro lado, o actual centro de saúde podería destinarse a equipamento suplementario da Escola e do Conservatorio de Música, situados ao carón.

No encontro de traballo coa Xunta de Galicia o Concello tamén exporá “a urxencia desta dotación e de tomar medidas para mellorar a situación da sanidade pública no Rosal, que segue a ser preocupante: ademais de carecer dos profesionais sanitarios que nos corresponden, con só tres dos catro médicos cos que debería contar o centro de saúde, seguen ser realizarse substitucións por baixas nin vacacións, entre outras cuestións”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS