O Concello fai un balance, logo dun mes nas novas instalacións, «máis que positivo».
Tras a inauguración da Biblioteca Pública Municipal de Salvaterra de Miño, a apertura a este novo espazo cultural e lúdico «podemos decir que o balance é máis que positivo, xa que contou cunha gran acollida por parte dos veciños e as veciñas», segundo fai saber a adminsitración local.
Con case un centenar de rexistrados dende a nova apertura, dos cales a metade son nenos e nenas, as instalacións foron transitadas por diferentes motivos, dos cales destacan estudar, ler e facer traballos académicos en grupo, «algo para o que as novas instalacións se prestan, xa que a propia configuración do espazo nos invita a estudar». Para cumprir con este obxectivo, están ao servizo do usuario ordenadores, enciclopedias e libros que serven de consulta e aprendizaxe para calquera que o precise.
«A sala infantil tamén estivo moi concorrida», explica nun comunicado o Concello, «sempre acompañados por un adulto, os máis aventureiros atrevéronse cun quebracabezas ou un conto infantil». Ademais as novas instalación contan cun espazo polivalente para presentacións de traballos ou reuniós informativas.
Gracias aos espazos polivalentes, na Biblioteca celebraronse tamén actividades complementarias como as que celebraron polo día de Rosalía de Castro, onde participaron 50 persoas, ou Contos para a Igualdade polo Día Internacional da Muller.