jueves, febrero 13, 2025
InicioNewsActualidadeContra atrás para a estrea dos novos cines premium en Vigo

Contra atrás para a estrea dos novos cines premium en Vigo

Os cines do Centro Comercial Gran Vía de Vigo abrirán de novo as súas portas a vindeira semana tras permanecer pechados dende o pasado verán.

A empresa cinematrográfica española, OCine, foi a encargada de transformar o servizo dos anteriores cines en salas Premium, contando coa instalación de butacas extra amplias e reclinables e a tecnoloxía de audio Dolby Atmos Cinema.

Ademais da comodidade mellorada nas butadas, entre as novas salas de cine contarán cunha sala exclusiva infantil, que segundo informa a empresa na súa páxina web, inclúen un tobogán xigante, xogos variados na parte baixa da sala, un pequeno descanso na metade da película e packs especiais para a celebración de aniversarios.

Estes novos cines tamén contarán cunha sala 4D-Emotion que promete «levar os teus sentidos a unha nova dimensión» e vivir unha experiencia sensorial a través de movemento, aire, vibración, aromas, agua e luces, entre outros.

Finalmente, as salas abrirán ao público o vindeiro venres 14 de febreiro ás 16:00h e as entradas estarán á venda na páxina web a partir do día 10 de febreiro. Nelas, poderase visualizar filmografías como Capitán América ou Bridget Jones.

Sala Kids
Sala 4D-Emotion
Sala Premium
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS