jueves, febrero 13, 2025
InicioNewsActualidadeNace unha nova feira de educación en Ourense

Nace unha nova feira de educación en Ourense

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o xerente de Expourense, Rogelio Martínez, veñen de asinar un acordo para a celebración dunha nova feira educativa na provincia. Participou tamén no acto o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

O evento desenvolverase no recinto feiral da cidade das Burgas o 2 e 3 de abril deste ano e nace co propósito de fomentar o intercambio de experiencias, a aprendizaxe colaborativa e o fortalecemento das relacións entre os diferentes niveis de ensino e entre alumnos, centros, docentes, directores e outros expertos vinculados ao sector.

Os representantes da tres entidades coincidiron na importancia desta cita para conectar a todos os axentes e as institucións educativas de toda a provincia. “O fin último –sinalou o conselleiro– é facilitar que alumnado e familias coñezan a oferta educativa dispoñible, tanto universitaria como na FP ou nas ensinanzas artísticas e deportivas, de tal forma que teñan toda a información precisa para tomar decisións que serán fundamentais no seu futuro”.

A feira servirá, así mesmo, como lugar de encontro para que os diferentes membros da comunidade educativa poidan compartir experiencias e boas prácticas, fortalecer o traballo en rede, crear un espazo de intercambio e impulsar a educación inclusiva e innovadora.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS