O grupo musical galego Dakidarría actuará na festa da ‘Sementeira e Música‘ na XVII edición que terá lugar os días 10 e 11 de maio en Corzáns, no Concello de Salvaterra de Miño.
Concretamente, o grupo actuará sobre o escenario de Electricidade Condado o sábado 10 de maio e dende a organización aseguran que “a banda fará saltar a todos os asistentes da festa coa súa música”.
Esta é a primeira confirmación para esta edición do 2025, mais dende a directiva da Asociación Quinta do Piñeiro, encargados da realización desta festa, aseguran que “en breve irán desvelándose moitas máis sorpresas e artistas que chegarán á area recreativa Muíño da Ponte nesta nova edición do festival”.