O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, anunciou hoxe que o goberno municipal «ten moi avanzado o programa de animación da cidade durante o Entroido». O rexedor avanzou que este evento se celebrará na cidade olívica entre os días 28 de febreiro e 5 de marzo.
Caballero indicou que a partir do concerto de “Fillas de Casandra”, que terá lugar o próximo venres, comezará a programación. Entre outros eventos, está previsto para o luns 3 de marzo a actuación da “Orquestra América” de Vigo na Porta do Sol.
De igual xeito, o alcalde indicou que «nos próximos días farase público o resto da programación».