jueves, febrero 6, 2025
InicioNewsActualidadeRafael Louzán, absolto do delito de prevaricación polo Tribunal Supremo

Rafael Louzán, absolto do delito de prevaricación polo Tribunal Supremo

A Sala do Penal do Tribunal Supremo acorda a anulación da condena por prevaricación administrativa imposta ao actual presidente da Real Federación Española de Fútbol e expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

A sanción, interposta pola Audiencia Provincial de Pontevedra, condeaba ao expresidente a 7 anos de inhabilitación para o emprego no cargo público, pola concesión dunha subvención de 86.311 euros para abonar unhas obras de mellora no campo de fútbol do municipio de Moraña.

Do mesmo xeito, o tribunal tamén vén de absolver ao exdirector de Infraestruturas da Deputación, ao administrador e a un representante da empresa constructora que, ao igual que Rafael Louzán, foron condeados a 7 anos de inhabilitación como cooperadores do delito de prevaricación.

A Sala anula a sentencia da Audiencia Provincial de Pontevedra que condeou ao expresidente e aos outros tres acusados polo mesmo delito, pero lles absolveu o delito de fraude á administración polo que tamén foron condeados polo xulgado nº 3 do Penal de Pontevedra a dous anos de prisión cada un.

O tribunal considera que os feitos probados non constitúen delito de prevaricación e explica que este non existe nun suposto como o examinado, no que se adxudica un contrato para pagar ao contratista unhas obras xa realizadas e que non se abordaron por unha conivencia entre os involucrados. Sinala así, que este delito non require tan só da existencia dunha resolución arbitraria, senón emitida para producir un resultado materialmente inxusto, e conclúe que neste caso a Administración contratante estaba obrigada a abonar as obras xa realizadas.

Os feitos probados da sentencia recurrida recollen que Deputación e Concello de Moraña firmaron un convenio de colaboración para instalar herba artificial no campo de fútbol do municipio e realizar outras edificacións anexas. Así, a Deputación asumiu os custos da redacción do proxecto e da execución, a través dunha subvención de 999.561 euros, adxudicándoselle o proxecto á empresa Construcciones Eiriña SL.

Rematada a obra, a empresa realizara actuacións que non estaban contempladas no proxecto inicial, traballos que non podían pagarse co importe da primeira subvención. Deste xeito, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial acordou no ano 2013 conceder unha segunda subvención que cubrira o custo das obras non previstas inicialmente.

Posteriormente, convocouse un concurso para executar estas obras, coa decisión predeterminada de adxudicalo á empresa que xa as executara materialmente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS