A encargada de conducir a gala dos Mestre Mateo 2025 será a actriz e presentadora Teté Delgado. Ela é unha das integrantes do equipo artístico da gala no que se encontra a coreógrafa Marta Alonso, o actor Manuel Cortés e actriz Carlota Mosquera.
O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, transmitiu nunha rolda de prensa o anuncio de finalistas que a actriz ferrolana será a responsable de presentar na vixésimo terceira edición dos premios. As obras finalistas son, entre outras, Rapa, As Neves, Honeymoon e +Cuñados. Esto é así, posto que acaparan o maior número de candidaturas.
A coreógrafa Marta Alonso dirixirá a gala que leva por lema “o audiovisual en movemento” con guión da actriz Carlota Mosquera e o actor Manolo Cortés.
Cómpre lembrar que os XXIII Premios Mestre Mateo terán lugar o sábado 15 de marzo no Lalín Arena. Esta iniciativa da Academia Galega do Audiovisual celebrarase en Lalín grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Lalín.
![](https://www.siradio.gal/wp-content/uploads/2025/02/475963676_955843903192382_653494393232345843_n-819x1024.jpg)