A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada por técnicos municipais, vén de reunirse en Santiago de Compostela co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, co fin de buscar a solución definitiva para a urbanización de San Antoíño, na parroquia de Louredo que require de obras de arranxo das deficiencias da urbanización, onde se inclúen tamén a rede separativa de pluviais e fecais.
A solución presentada para poder acometer as devanditas obras foi que a administración local opte a unha liña de crédito autonómica a tal fin, para poder realizar os traballos e que a Comunidade de Propietarios de San Antoíño vaia aboando ao Concello progresivamente o importe investido nos mesmos.
A alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, sempre lles manifestou aos veciños de San Antoíño “a man tendida da administración local mosense, que non lles vai dar a espalda nin deixalos sós”.
Así, agora a administración local optará nunha vindeira convocatoria, a unha axuda da Xunta de Galicia para poder acometer as obras pendentes desenvolvendo así o Concello de Mos un papel mediador e de apoio á Comunidade de Propietarios coa finalidade de ofrecerlles unha solución definitiva.