jueves, febrero 6, 2025
InicioNewsActualidadeMedio Rural avanza na convocatoria de axudas para a incorporación de mozos...

Medio Rural avanza na convocatoria de axudas para a incorporación de mozos ao agro

A Xunta de Galicia convocará en breve novas axudas para seguir fomentando a incorporación de mozos ao agro que contemplarán os plans de mellora vinculados. Desta forma, darase prioridade ás persoas mozas que soliciten incorporación ou que, tendo axuda xa aprobada, non dispoñan polo de agora de plan de mellora, para que así poidan levar adiante o seu proxecto.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo este anuncio na súa visita á gandaría Ramas SC de Trazo (A Coruña). Estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo,e pola alcaldesa da localidade, Josefina Suárez.

Ademais, a conselleira explicou que na última convocatoria das achegas para propiciar a remuda xeracional no agro aprobáronse todas as solicitudes presentadas por persoas mozas, 302 en total. Por iso, nalgún caso non se puido aprobar o plan de mellora asociado á incorporación. Na convocatoria deste ano é algo que se vai contemplar.

Igualmente, María José Gómez trasladou que se trata de dar oportunidades á mocidade. No marco do plan de remuda que impulsa a Consellería e que se apoia tamén en medidas coma o Banco de explotacións, que se está ultimando, ou os programas de titorización para acompañar os mozos no seu proxecto.

As axudas

A titular de Medio Rural sinalou que estas axudas impulsan a remuda e apoian investimentos nas explotacións constitúen “unha prioridade” para a Xunta de Galicia. De feito, remarcou que asume con fondos propios o 28% do financiamento dos plans de mellora.

Tamén, a conselleira lembrou algúns datos significativos da última convocatoria (de 2024), cuxa resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia. Destacando a importancia destas axudas para o agro galego. Así, subliñou que se apoiará a mellora de ata 370 explotacións, a incorporación de 320 mozos (menores de 40 anos) e de 133 novos agricultores (de entre 41 e 55 anos de idade).

Gómez recordou que no período 2016-2024 aprobáronse máis de 9.000 expedientes, por un importe que supera os 369 millóns de euros. Comprometeuse a seguir traballando para implementar estes recursos no rural de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS