miércoles, febrero 5, 2025
InicioNewsConcellos +A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único en Europa

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único en Europa

Trece eventos deportivos conforman o Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença para este ano 2025. Un programa único na Europa Occidental, coma explicaba na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e que reforza as relacións entre as poboacións tudense e valenciana coma sinalou o presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira. 

O novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, acolleu esta a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025, por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara Municipal de Valença, José Manuel Carpinteira, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, acompañados polos representantes das distintas asociacións deportivas e empresas organizadoras dos eventos deportivos. 

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sinalou coma con este calendario “o deporte adquire un valor engadido pola dinamización social, deportiva e económica” que realiza, recoñecemento o labor das empresas e organizacións que fan posible os distintos eventos. Reafirmou o compromiso por seguir apostando por este calendario único exemplo de cooperación transfronteiriza

O presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, sinalou que agardan superar nesta edición as 6 mil persoas que participaron nas distintas probas en 2024. Ao tempo avanzou o incremento do apoio financeiro para estes eventos, convidando a participar nos mesmos.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, destacou na súa intervención a aposta por eventos deportivos que se realiza dende a Eurocidade Tui-Valença. Avanzou a aspiración a acoller un campionato de Europa de Baile Deporte, e a na Eurocidade BTT incorporar tamén unha proba infantil do mesmo xeito que se fixo con éxito no Trail do Aloia. 

O seu homólogo en Valença, Arlindo Sousa, referiuse a este calendario como unha festa deportiva para os dous municipios. Ambos repasaron as probas deportivas que terán lugar nunha e noutra beira do Miño, e Arlindo Sousa destacou a incorporación das 2 Leguas da Eurocidade, tomando a testemuña da 2 Leguas da Contrasta que xa na edición de 2024 cruzou a ponte internacional até Tui. 

Tanto por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, coma do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, houbo palabras de lembranza e de recoñecemento para Xosé Martínez Tato, falecido a semana pasada, e que estaba comprometido tamén con este calendario deportivo xa que guiada as andainas da Eurocidade que se celebraban en Tui. 

Este calendario deportivo da Eurocidade ábrese esta mesma fin de semana coa celebración do Trail do Aloia que reunirá a máis de 750 deportistas, dos que 200 nenos e nenas participarán este sábado no Aloia Trail Kids, e 650 adultos o domingo no Trail que contará con dúas distancias de 10 e 20 quilómetros, para o que as prazas están xa completas como explicaba Serafín Martínez da empresa Nokao, organizadora do evento xunto ao Club Atletismo Tui. 

Ao longo dos próximos meses desenvolveranse probas xa consolidadas ao longo dos últimos anos pero tamén haberá novidades coma as dúas Leguas da Eurocidade. 

A segunda das probas deste calendario será o 9 de marzo coa Eurocidade BTT que abriu a inscrición a pasada fin de semana e para as que hai xa máis de 200 inscritos nunha proba que volverá percorrer os conxuntos históricos de Tui e Valença, pero tamén o Monte Faro e o Aloia. 

O mundo do motor estará presente o 29 de marzo co TT Eurocidade de Jeeps e o 28 e 29 de xuño coa clásica Rampa do Monte Faro. Non faltarán os torneos de Mini Basket, do 5 ao 7 de abril, de Judo, o 5 e 6 de xullo, de Hoquei a patíns o 13 e 14 de setembro, de Tenis nos meses de setembro e outubro, e de Baile Deportivo o 1 e 2 de novembro. Tamén volverá celebrarse o Campionato de Kung Fu o 29 de xuño, e a Urban Trail Night, o 29 de novembro. 

O Calendario da Eurocidade inclúe tamén o Circuíto de Andainas Saudables que se celebrará mensualmente. No mesmo proponse por unha parte a realización do Camiño Portugués dende Caminha por etapas entre o 1 de maio e o 8 de xuño. Amais terán lugar os Trilhos Entre Vinhas e Vale, Sunset Fortaleza, do Adro Velho e da Veiga da Mira.
 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS