miércoles, febrero 5, 2025
InicioNewsO PaísVerín abre o prazo para inscribirse no desfile do Entroido de 2025

Verín abre o prazo para inscribirse no desfile do Entroido de 2025

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A organización será a encargada de indicar a orde de colocación no desfile. As carrozas e comparsas que non se inscriban no prazo establecido e se presenten serán colocados ao final do mesmo.

Desfiles

As comparsas e carrozas que participen no desfile deberán estar como mínimo 30 minutos antes da saída. Así, a organización poderá colocar a todos e todas as participantes e para garantir puntualidade na actividade. Haberá dous desfiles e ambos iniciarán o percorrido na Avenida de Castela, na altura de San Félix. O primeiro desfile será o domingo 2 de marzo e sairá ás 12:00 horas. O outro será o martes 4 ás 16:30 horas.

As carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda só poderán facelo a través da ponte da N-525, chegando ata a rotonda da Casa do Escudo. Se desexan dar a volta, deberán quedar no carril dereito e agardar a que remate o desfile. É importante deixar sempre un carril libre para os vehículos de servizos de emerxencia durante a espera.

Inscrición

Para participar as persoas interesadas terán que inscribirse antes do luns 24 de febreiro ás 19:00 horas. Tamén, deberán achegarse ata a Oficina de Información Turística de Verín ou polo correo electrónico turismo@verin.gal para formalizala.

No caso de realizala a través do correo deberán enviarse datos como o nome e apelidos da persoa representante do grupo, o número de teléfono, nome da carroza ou comparsa, número de participantes, se levan vehículo ou plataforma móbil e se levan música.

Outra forma para inscribirme a través do teléfono 988 411 614. Neste caso, o horario da Oficina de Turismo é de luns a venres, de 09:30 a 14:30 h pola mañá e de 16:30 a 19:00 h pola tarde.

Recomendacións

Dende o Concello indican ter en conta varias accións. Entre elas, evitar as paradas prolongadas para que non se produzcan grandes distancias entre os grupos.

Outra das recomendacións é seguir sempre a comparsa, carroza ou charanga que se teña diante sen deixar moitos metros de separación.

Ademais, os vehículos a motor que non conten co seguro correspondente non estarán cubertos polo seguro do Concello para os desfiles. Por iso, recoméndase que a carroza ou comparsa contrate o seu propio seguro para o evento.

Por último, os vehículos que fosen modificados para o desfile ou que sirvan para tirar dun remolque adaptado ao evento deberán levar consigo un extintor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS