Celebrarase o Trofeo Xunta Campionato de Só Danza e Parellas, durante todo o día no pavillón Óscar Pereiro.
O Club Patín Vagalume Celtamotor organiza o Trofeo Xunta Campionato de Só Danza e Parellas que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de marzo, de 09.00 a 20.00 horas no pavillón Óscar Pereiro, onde tamén tivo lugar o acto de presentación que contou coa presenza de Daniel Benavides, xefe de servizo do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; José Areal, concelleiro de Deportes de Mos; Miguel Quereizaeta, presidente do Club Vagalume; Alberto Covelo, presidente do Comité de Patinaxe Artística da Federación Galega de Patinaxe e Beatriz Fernández, adestradora do Club Vagalume.
David Benavides:
Alberto Covelo:
No Trofeo participarán uns 30 patinadores e patinadoras de entre 11 e 25 anos de idade pertencentes a 5 clubs de patinaxe das cidades de A Coruña e Vigo. Deportistas de diferentes categorías que van desde Infantil a Senior, tanto masculino coma feminino, e individual e parellas de Artístico e Danza.
A entrada para o público será totalmente libre e gratuíta, polo que os amantes do deporte en xeral e da patinaxe en particular poderán achegarse para gozar dunha xornada do mellor espectáculo sobre patíns.
Desde o Club Vagalume quixeron “agradecer tanto á Xunta de Galicia como ao Concello de Mos a man tendida, a disposición e as facilidades para poder celebrar este trofeo nunhas instalacións excepcionais como as do Pavillón Óscar Pereiro”.