miércoles, febrero 5, 2025
InicioNewsActualidadeUn veciño de Salvaterra estafado con 38.000 euros por unha falsa historia...

Un veciño de Salvaterra estafado con 38.000 euros por unha falsa historia de amor

Un home de Salvaterra vive un falso enamoramento e remata cunha estafa de 38.000 mil euros menos nas súas contas, segundo se pode observar na denuncia interposta ante a Garda Civil.

Así foi a historia que viviu un veciño de 81 anos en Salvaterra de Miño. O octoxenario, que vivía só no seu fogar, lanzouse a navegar pola rede en busca de amor e compañía e non tardou moito en chegar a primeira muller que dixo sentirse atraído por él.

A relación entre ambos a través da rede parecía funcionar, e rápidamente pasaron a conversacións telefónicas nas que ela lle declaraba abertamente o seu amor, segundo se pode ler na denuncia .

Tras as primeiras conversacións, a muller comezou a pedir datos privados do ancián, que lle facilitou fotografías do seu DNI así como as chaves de acceso online as súas dúas contas nos bancos Santander e BBVA.

Con todo, e non sendo suficiente debido aos protocolos de seguridade bancarios, a muller pediu ao denunciante que instalara no seu teléfono móvil a aplicación de control remoto Any Desk, coa que conseguiu ter acceso total a todas as contas bancarias do home.

Finalmente, a estafadora logrou enviarse a ela mesma oito transferencias por un valor total de 38.000 euros, momento no que rematou esta falsa historia de amor e o afectado interpuxo unha denuncia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS