A Garda Civil de Baiona-Nigrán investiga a un mozo de 18 anos e a tres menores de 17 anos, con domicilio no Porriño, Mos e Tui, como presuntos autores de dous delitos de lesións. Os feitos aconteceron o pasado 31 de xulio de 2024 durante a celebración das festas de Praia América, en Nigrán.
Segundo fontes do caso, «un grupo de persoas agreden a un menor de 16 anos, dándolle varias patadas e puñadas das que é asistido por facultativos médicos que, tras unha primeira valoración, acordan o seu traslado en ambulancia a un centro hospitalario». Alí, os facultativos lle diagnostican fracturas de pezas dentais, unha ferida na cara que necesitou varios puntos de sutura e varios hematomas así como lesións de carácter leve.
A Garda Civil explica que a orixe desta agresión puido ser «unha discusión provocada polos celos dun dos atacantes ante o feito de que o menor agredido saudara a unha moza que formaba parte do grupo no que se atopaban os agresores». No trascurso dos feitos, varios dos amigos do menor agredido que intentaron axulialo recibieron tamén puñetazos e patadas, «provocando a un deles lesións nun tímpano e un hematoma ao lado do ollo».
Os menores agredidos, acompañados dos seus representantes legais, presentaron unha denuncia no posto principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán. Alí, tras «unha longa e minuciosa investigación e na que foron imprescindibles a declaracións de testemuñas e os recoñecementos fotográficos», os axentes identificaron aos mozos que agoran investigan.
As dilixencias foron entregadas á Fiscalía de Menores de Pontevedra e no xuzgado de guardia de Vigo.