martes, febrero 4, 2025
InicioNewsActualidadeMos avanza proxectos coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Mos avanza proxectos coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López veñen de reunirse co fin de planificar as os proxectos e actuacións que a Xunta de Galicia ten previsto acometer neste ano 2025 no Concello de Mos.

A primeira intervención será a finalización da recuperación da casa Reitoral de Petelos, que neste 2025 avanzará na restauración dos muros e peches perimetrais, para finalizar por completo a súa rehabilitación, tanto exterior coma interior no ano 2026.

Durante a reunión, acordaron tamén o apoio do organismo autonómico para acometer obras de acondicionamento na Igrexa de San Mamede de Torroso, que comeza a sufrir humidades e filtracións.

Por último, tamén acordaron o apoio da Consellería no amplo calendario de actividades que se celebran en Mos, tanto as promovidas polo Concello como as que levan a cabo dende as distintas asociacións activas nas 10 parroquias mosenses.

Pola súa banda, Nidia Arévalo quixo agradecer ao conselleiro «a súa disposición co municipio de Mos asegurando que estas liñas de colaboración Xunta-Concello ofrecerán moitos beneficios para os veciños e entidades do municipio».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS