jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasO CondadoA Plataforma N-120 mantén a manifestación do 1 de abril

A Plataforma N-120 mantén a manifestación do 1 de abril

Mantiveron unha xuntanza este luns coa rexedora de Ponteareas e «ningúen lle supo dicir prazos á alcaldesa»

A Plataforma N-120 mantén a manifestación, que convocaron para reclamar a mellora da seguridade viaria na estrada, para o 1 de abril. A semana pasada, o Ministerio de Transportes emitiu unha nota de prensa na que facía saber que se aproba «provisionalmente o proxecto do trazado para a construcción de glorietas e tratamento das marxes da estrada N-120, en Ponteareas». Unha mellora que ten como orzamento estimado 3,3 millóns de euros. A actuación inclúese, segundo fai saber o MITMA, no programa de conservación e mantenemento da Red de Carreteras del Estado.

Así as cousas, os veciños e as veciñas da Plataforma mantiveron unha xuntanza onte coa alcaldesa de Ponteareas, Cristina Ferández Davila, para decidir se mantiñan, ou non, a manifestación para reclamar melloras na seguridade viaria na N-120. Finalmente, un dos seus voceiros, Jose Luis Campos, conta aos informativos de Si Radio que «á alcaldesa ninguén lle supo explicar prazos e ningúen lle asegurou nada tampouco» polo que «mantememos a protesta». Se antes do 1 de abril, «temos acceso a ese proxecto, se desconvocaría», pero recoñece Campos que están «moscas» porque » aínda non o sacaron á exposición e  rebaixan o orzamento ata os 3 millóns de euros».

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS