martes, febrero 4, 2025
InicioNewsConcellos +Nidia Arévalo avanza proxectos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en...

Nidia Arévalo avanza proxectos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, veñen de manter un encontro de traballo no que avanzaron en diferentes proxectos e actuacións que a Xunta de Galicia ten previsto acometer neste ano 2025 no Concello de Mos.

A primeira delas é a finalización da recuperación da casa Reitoral de Petelos, que neste 2025 avanzará na restauración dos muros e peches perimetrais, para finalizar por completo a súa rehabilitación, tanto exterior coma interior no ano 2026.

Alcaldesa e Conselleiro acordaron tamén o apoio do organismo autonómico para acometer obras de acondicionamento na Igrexa de San Mamede de Torroso, que comeza a sufrir humidades e filtracións.

Por último, tamén acordaron a colaboración da Consellería no amplísimo calendario de actividades que se celebran en Mos, tanto as promovidas polo Concello como as que levan a cabo dende as numerosas asociacións activas nas 10 parroquias mosenses.

Nidia Arévalo argumentaba tras a reunión o seguinte, “agradezo ao Conselleiro a súa disposición unha vez máis co municipio de Mos, estou segura que esta liña de colaboración Xunta-Concello ofrece moitos beneficios para a nosos veciños e entidades que ven como as súas peticións son atendidas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS