A película Valentina proxectarase con entrada de balde o vindeiro domingo no Centro Dotacional de Torroso.
A concellería de Participación Cidadá organiza, dentro do programa municipal Ocio en Familia actividade que se realizará o domingo 20 de marzo en conmemoración do Día Internacional da Síndrome de Down que terá lugar ao día seguinte.
Trátase da proxección dunha película no Centro Dotacional de Torroso ás 17 h e 18.30h en segundo pase, con entrada de balde para os asistentes. As entradas pódense recoller de 16.30 a 20h no propio Centro.
O filme titúlase Valentina. Esta película musical está orientada a un público familiar e centrada nas idades de 3 a 7 anos.
Co motivo da celebración do Día Internacional da Síndrome de Down o día 21 de marzo propúxose a proxección da película de animación Valentina, unha produción galega e en galego, estreada a finais do 2021, e que vén de recibir o premio Goya á Mellor Longametraxe de Animación.
Valentina, dirixida por Chelo Loureiro, está protagonizada por unha nena con síndrome de Down que pensa que nunca poderá conseguir o seu sono de ser trapecista, pero ao longo dunha viaxe máxica descubrirá todo aquilo do que é capaz e aprenderá que nunca se debe perder a ilusión nin as gañas de aprender
Valentina é unha longametraxe que defende a diversidade e que aposta pola inclusión de persoas con diversidade funcional na nosa sociedade.