martes, febrero 4, 2025
InicioNewsFederico Pérez presenta este venres en Tui “Xa que o sabes, voucho...

Federico Pérez presenta este venres en Tui “Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)”

«Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)” é o título do monólogo que este venres, 7 de febreiro, ás 21 h presenta Federico Pérez no Teatro Municipal de Tui dentro da programación cultural deste primeiro trimestre do ano.

Coa produción de Ainé Producións, Federico Pérez levará ao público nunha viaxe polas paisaxes da súa vida para coñecer algúns dos personaxes que o marcaron. E para iso, dará a súa versión dos feitos: de cando naceu, como se criou, da súa nai, do seu pai, da súa avoa, do lugar onde medrou e, sobre todo, do lugar ao que vai chegar: a morte.

E, ademais de contalo, vaino cantar interpretando cancións tradicionais da cultura galega fusionadas coa maxia de Lennon e McCartney ou a paixón de Frank Sinatra.

O espectáculo, dirixido a público maior de 16 anos, conta cunha duración de 70 minutos. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€.

Concello de Tui
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS