martes, febrero 4, 2025
InicioNewsComarcasMos clama contra o trazado da A-52

Mos clama contra o trazado da A-52

O pasado mércores foi no parlamento de Galicia, o venres pola mañá na Deputación Provincial de Pontevedra, e xa pola tarde no Concello de Mos, foron os lugares nos que se debateu en profundidade sobre as importantes afeccións que esta nova infraestrutura que o Ministerio de Fomento pretende materializar produce no territorio.

O pleno de Mos, convocado con carácter extraordinario e urxente, tiña como único punto da orde do día a afección da A52, para dar conta do xa alegado técnica e xurídicamente a través da Xunta de Goberno Local de Mos; solicitar unha nova alternativa consistente na remodelación do enlace do Porriño e Mos entre a A-52 e a A-55, na execución de melloras nas ligazóns e vía de conexión entre a A-55 e a AP-9 e na supresión da peaxe nesta última polo menos no tramo entre o intercambiador do Rebullón e a ligazón do Porriño, tendo en conta que as alternativas propostas non se integran nunha esixible concepción global da rede arterial da área urbana de Vigo, e por último que admitan a trámite as alegacións formuladas e previos os trámites legais oportunos, se acorde retirar e deixar sen efecto o PROXECTO AUTOVÍA A-52. TRAMO: O PORRIÑO-VIGO, PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CON CLAVE 12- PO-4240, así como a revogación do Estudo Informativo aprobado definitivamente en data de 20.09.2007 polo o Ministerio de Fomento; e se estude en consecuencia a alternativa indicada relativa á supresión da peaxe da AP-9 cando menos no tramo situado entre o enlace de O Porriño (AP-9-VG-20), sendo esta a alternativa máis inmediata e que permite alcanzar mellores resultados Punto único que foi aprobado na sesión.

Concluída a mesma, a actividade trasladouse á Praza do Concello na que tivo lugar unha concentración cidadá, coa lectura dun manifestó por parte da plataforma vecinal DefendeMos para manifestar a negativa xeralizada da poboación mosense a que un novo vial volva a cruzar o termo municipal habendo xa construída unha alternativa inmediata.

A reclamación principal ao Ministerio de Transportes e Movilidade Sostible, tanto no pleno municipal coma na concentración cidadá é a liberalización inmediata da peaxe do tramo O Porriño – Puxeiros da AP-9, coma solución para a diminución do tráfico na actual A-55, e ademáis que este propoña novas alternativas ao trazado da a A-52 pola grave afección que provocará nas parroquias de Sanguiñeda, Petelos, Pereiras e Tameiga.

Por último, tamén se insta á apertura dun período de interlocución, institucional e técnica, con todas as administracións afectadas a efectos de buscar unha solución definitiva e alongo prazo para definir a actuación de modo que sexa respectuosa co territorio, socialmente viable e supoña unha infraestrutura axeitada e segura para a mobilidade da zona

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS