jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui habilita un formulario para canalizar a axuda local á poboación ucraína

Tui habilita un formulario para canalizar a axuda local á poboación ucraína

Está xa habilitado na web municipal co obxectivo de coñecer os recursos, tanto materiais coma homanos, cos que se pode contar.

O Concello de Tui habilita un formulario en liña na web municipal para canalizar a axuda local á poboación ucraína. Deste xeito búscase coñecer os recursos, tanto materiais coma humanos, cos que se pode contar en Tui  para axudar as persoas que fuxen da guerra que iniciou Rusia no seu país.

Así,  por unha banda a cidadanía pode ofrecer vivenda, gratuíta ou en aluguer, pero tamén o seu tempo realizando labores de tradución, axudando en clases de castelán, levando a cabo reforzo educativo, acompañamento, clasificación e organización de material, indicando a súa dispoñibilidade horaria.  Tamén se pode ofrecer axuda material en forma de roupa, enxoval, libros, material escolar, produtos de hixiene. No caso das empresas poden tamén ofrecer emprego. 

Estes recursos, que serán rexistrados, irán activándose a medida que sexan necesarios tanto a curto, coma a medio e longo prazo. 

O formulario pódese cubrir en liña na propia web, ou descargar en envialo ao correo axudaucraina@tui.gal ou tamén presentalo presencialmente no Centro Sociocomunitario, no Centro Municipal de Formación e Emprego, ou nos Servizos Sociais Comunitarios Municipais. Este documento tamén se pode recoller impreso nestes tres puntos. 

O Concello de Tui agradece á cidadanía a colaboración e axuda nesta crise humanitaria e fai fincapé «na importancia de poder canalizar toda a esta axuda do xeito máis efectivo». Este venres volverase reunir no Concello de Tui a mesa de traballo creada para axudar á poboación ucraína. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS