As Xuventudes Socialistas de Galicia participaron nun acto informativo no municipio de Ponteareas co obxectivo de dar a coñecer a súa iniciativa sobre un Banco Público de Aluguer. Participaron, ademais da mocidade socialista, o secretario xeral do PSOE na capital do Condado, Delfín Domínguez, xunto á voceira Vanesa Fernández e o edil Rubén Pérez.
A proposta consiste en que a Xunta de Galicia actúe como un órgano intermediario entre propietarios e a cidadanía, «co fin de mobilizar todas as vivendas baleiras que existen na actualidade». Desde a organización, considérana «bastante atractiva posto que se lles daría aos propietarios as axudas necesarias tanto para a rehabilitación como para o certificado enerxético xunto con todas as garantías xurídicas».
Defenden que esta inicaitiva «xa leva 20 anos funcionando no País Vasco con éxito e estase a propor desde concellos do PP como O Porriño ou incluso por parte do propio Alberto Núñez Feijóo». Os socialistas insisten en que «o goberno municipal de Ponteareas presentou esta semana unha iniciativa similar, aínda que con bastantes flocos«, segundo engaden desde a organización.
Desde Xuventudes Socialistas, critican que «mentres o PP vende como pioneiro as residencias universitarias ata os 36 anos, nós queremos emanciparnos e poder facer a nosa familia sen ter que compartir baño, cociña ou salón con descoñecidos».