martes, febrero 4, 2025
InicioNewsComarcasVolven ao Porriño as clases de autodefensa para mulleres

Volven ao Porriño as clases de autodefensa para mulleres

O Concello do Porriño organiza, un ano máis, o curso de defensa persoal feminino e aspectos xurídicos. A formación, organizada pola Concellería de Igualdade que dirixe Carolina González, está pensada para as mulleres co fin de desenvolver máis confianza nelas mesmas e na súa contorna, implementar estratexias de prevención e detección de situacións de perigo, integrando na súa vida diaria hábitos de seguridade persoal, á vez que se promove a confianza e a súa autoestima, tal e como explican desde a administración local.

A actividade levarase a cabo nas instalacións do pavillón municipal os sábados 8 de febreiro, 8 de marzo, 26 de abril e 10 de maio, en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas. 

Durante as xornadas contarase coa presenza do Maxistrado D. Juan José Trashorras quen dará respostas sinxelas ao colectivo participante para reaccionar ante unha situación violenta. 

O aforo é ilimitado e non se precisa inscrición previa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS