Logran a prata por equipos no torneo internacional e obteñen resultados prometedores no Campionato Estatal da Categoría de Discapacidad
O multiusos das Pozas acolleu a recepción ao Club Tenis de Mesa Mos polos resultados obtidos no Torneo de Lamego – Portugal e no Torneo Estatal da Categoría de Discapacidade que se celebrou en Santander.
No acto estiveron presentes, ademais dos deportistas do club, Iván Pombo, secretario do Club Tenis de Mesa Mos; Samuel Pereiro, adestrador do Club Tenis de Mesa Mos; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal, e demais membros do equipo de goberno e da corporación municipal.
O Club Tenis de Mesa Mos vén de facer un gran papel en ambos campionatos, internacional e nacional. No primeiro caso a competición internacional foi un Torneo de Clasificación de Portugal con varias medallas para: Laura Amoedo e Carla Blanco e por equipos: Laura Amoedo, Carmela Sanmartín e Sara Alfaro.
A fin de semana dos días 26 e 27 de febreiro 16 xogadores e xogadoras do Club Tenis de Mesa Mos participaron nun torneo de alto nivel en Portugal para puntuar na clasificación portuguesa e onde obtiveron o segundo posto por equipos feminino.
Tratouse do Torneo de Lamego – Portugal, puntuable para a clasificación portuguesa con xogadores chegados desde todos os puntos de Portugal e de Porto Rico, Chile, Ecuador etc.
Os resultados máis destacados do Club Tenis de Mesa Mos foron:
- Subcampioas en Equipos feminino sub19.
- Laura Amoedo: 5° clasificada en feminino sub19.
- Carla Blanco 5°: clasificada feminino sub10.
No caso do Campionato Estatal da Categoría de Discapacidade, Torneo Estatal que se celebrou en Santander e foi disputado esta pasada fin de semana (11, 12 e 13 de marzo), os xogadores do club mosense que participaron son:
- Sofía Freiría, categoría ‘disca pé’, a máis nova da categoría deixando moi boas sensacións nos xogadores. Vena cun futuro moi prometedor nesta categoría.
- Martina Sande, participou na categoría ‘disca cadeira’ sendo a máis nova e cun futuro prometedor por diante, xa que leva pouco tempo adestrando e conseguiu xogar a un bo nivel.
- Iván Pombo participou na categoría ‘disca cadeira’ sendo o xogador con maior discapacidade. Competiu con xogadores con menor discapacidade obtendo resultados moi positivos. Grazas a estes resultados colócase como un dos mellores de España na categoría de clase 1.
Todos eles compiten por primeira vez neste torneo.
Coa súa participación, van ter a oportunidade de darse a coñecer e poder entrar no grupo de promesas con discapacidade da Selección Española. Os resultados para o club CTM Mos foron moi prometedores en Santander. Todos eles están no punto de mira para poder pertencer ao grupo de promesas da Selección Española.