martes, febrero 4, 2025
InicioO PaísA CoruñaOs datos de seguemento da couza guatemalteca da pataca permiten suavizar as...

Os datos de seguemento da couza guatemalteca da pataca permiten suavizar as medidas de control

Os datos de seguimento da couza guatemalteca da pataca amosan un avance significativo na súa contención previa a unha posible erradicación ao non detectarse a presenza deste organismo nocivo en varias zonas demarcadas durante dous anos consecutivos. Deste xeito, e segundo informa a Consellería do Medio Rural, é posible o levantamento das medidas fitosanitarias de erradicación. Noutras zonas é preciso manter as medidas fitosanitarias vixentes ata que pasen dous anos dende a última captura.

Así se explica na resolución da Consellería do Medio Rural que publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que actualiza a zona demarcada pola Tecia solanivora Povolny (couza guatemalteca da pataca). Sinálanse as parroquias que se manteñen como zonas infestadas, as que pasan de zona infestada a zona tampón, as que permanecen nesta última demarcación e as que pasan a considerarse libres.

Deste xeito, continúan como zonas infestadas as seguintes parroquias: Abegondo (Santaia), Cabanas (San Xián), Figueroa (San Miguel) e Sarandós (Santa María de Sarandós), no concello coruñés de Abegondo; Cañás (Santa Baia) e Paleo (Santo Estevo), en Carral; A Pedra (Santa María), no municipio de Cariño e Barallobre (Santiago) e Maniños (San Salvador), en Fene. Ao tempo, pasan de zona infestada a zona tampón a parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello coruñés homónimo, e a de Trabada (Santa María), no municipio lucense do mesmo nome.

Mantéñense como zona tampón as parroquias seguintes (todas elas da provincia da Coruña): Cerneda (San Salvador), Folgoso (Santa Dorotea), Mabegondo (San Tirso), Meangos (Santiago), Montouto (Santa Cristina) e Viós (San Salvador), no concello de Abegondo; Laraxe (San Mamede), en Cabanas; Vigo (Santa María), en Cambre; Cariño (San Bartolomeu), Landoi (Santiago) e Sismundi (Santo Estevo), no municipio de Cariño; Beira (Santa Mariña), Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente), en Carral; Régoa (Santa María), en Cedeira; As Encrobas (San Román), en Cerceda; Castelo (Santiago), en Culleredo; Limodre (Santa Eulalia), Magalofes (San Xurxo) e Perlío (Santo Estevo), en Fene; e Franza (Santiago) e Piñeiro (San Xoán), no concello de Mugardos.

Por outra banda, pasan a considerarse zonas libres, na provincia da Coruña, as parroquias de Caión (Santa María de Socorro), no concello da Laracha; Chamín (Santaia) e Sorrizo (San Pedro), en Arteixo; As Somozas (Santiago Seré), no municipio das Somozas; Labacengos (Santa María), San Xoán De Moeche (San Xoán) e Santa Cruz De Moeche (Santa Cruz), no concello de Moeche; e Ferreira (San Paio) e Lamas (San Xiao), no termo municipal de San Sadurniño.

Tamén pasan a ser zonas libres, na provincia de Lugo, as parroquias de San Xusto de Cabarcos (San Xusto), no concello de Barreiros; San Tomé de Lourenzá (San Tomé) e Santo Adrao de Lourenzá (Santo Adrao), no de Lourenzá; e A Fórnea (Santo Estevo), A Valboa (Santa María Madanela), Sante (San Xiao), Vidal (San Mateo) e Vilapena (Santiago), no municipio de Trabada.

Ademais, nesta resolución pódese consultar o plan de situación da nova zona demarcada e a relación de parroquias das zonas infestada e tampón.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS