Cortes de tráfico, confiscación de chaves e incluso manipulación dun camión que quería cruzar a Portugal. Son algunhas das circunstancias do inio desta folga convocada pola Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor)
Desmárcase deste paro convocado o Comité Galego de Transporte e o Comité Nacional deTransporte por Carretera (CNTC). Ambos cren que non é o momento e o venres votaron por maioría «non secundala».
Apetamcor ten 1.600 socios e asegura que está seguindo o paro o 90% deles. Aseguran as pequenas e medianas empresas do transporte que a alza dos combustibles levaoos a unha «quebra total»
Actuaron piquetes informativos en varios polígonos galegos, entre outros, os da Granxa, no Porriño; Valadares, Mos; O Ceao, en Lugo; Verín; e no porto da Coruña.
Nalgúns supermercados galegos puidéronse carteis informativos sobre a imposibilidade de realizar reparticións a domicilio este luns polo paro de transportistas.