A Deputación de Pontevedra destinará 140.000 euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que o Concello de Salvaterra de Miño realice as melloras nas instalacións deportivas da Canuda. “Cos 8 millóns de euros deste plan, o dobre que na pasada edición, continuamos modernizando os equipamentos deportivos do conxunto da provincia como nunca antes se fixera”, asegurou o presidente provincial, Luis López.
En concreto, a Deputación de Pontevedra destinará 139.658 euros en Salvaterra de Miño ao abeiro do II Plan Extraordinario de Infraestruturas. Esto permitiralle financiar ao 100% está intervención. A través desta, actuarase na pista polideportiva para fútbol sala e baloncesto, nas dúas pistas de tenis e na zona de skate park. En todas elas é necesario reparar ou acondicionar, dependendo do caso, o pavimento existente na actualidade.
No caso da pista polideportiva, os traballos consistirán en substituír o céspede artificial vello, reparando o pavimento subxacente. Posteriormente, pintarase toda a superficie do mesmo. Ademais, realizarase o marcado das liñas dunha pista de fútbol sala e dúas de baloncesto. Nas pistas de tenis repararanse as zonas do pavimento poroso danado, pintarase e marcarase toda a superficie.
Xa na zona de skate park repararase o pavimento de formigón existente, substituiranse os elementos propios do skate park por outros de granito gris máis axeitados e movibles. Rematarase co pintado de toda a superficie con diferentes formas e cores deixando un acabado máis propio deste deporte urbano.