miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasO CondadoAcip califica de "populista" a proposta do PSOE de localizar o centro...

Acip califica de «populista» a proposta do PSOE de localizar o centro de saúde en Aceros del Tea

Os independentes de Ponteareas insisten en que o PXOM «que aprobou o propio bipartito» non contempla esos terreos para un edificio sanitario.

O Concello de Ponteareas fai saber,mediante un comunicado, que o «arquitecto municipal lembra que no PXOM xa se prevé un terreo específicamente para un novo equipamento sanitario, na zona onde se atopa o actual centro de saúde e que o máis coherente e lóxico é ofertar esa parcela analizando conxuntamente cos técnicos da Xunta se é apta ou non para atender as súas necesidades e, en caso negativo, analizar outras posibilidades». Denuncia a administración local que levan «tres meses agardando polos técnicos da Xunta».

A cuestión sobre a localización do novo centro de saúde de Ponteareas divide, de novo, ao bipartito porque o PSOE opta por localizar o novo edificio sanitario nos terrenos de Aceros del Tea, no casco urbano, mentres o BNG, o seu socio de goberno, insiste nos terreos que aparecen no PXOM.

Pola súa banda, Acip, o grupo dos independentes de Ponteareas, explica tamén que é a Xunta quen ten que dicir as características técnicas pero que, de todos os xeitos, di Juan Carlos Carrera, «foi o propio bipartito, BNG e PSOE, quenes aprobaron o PXOM» e que nese documento, tal e como recoñecen dende a administración local, «só recolle os terreos onde está o actual centro de saúde para edificios sanitarios». Amáis, sinalou que na comisión que se celebrou esta semana, «o arquitecto dixo que aínda que agora se queira poñer como uso sanitarios o de Aceros del Tea non se asegura que se poidan empregar» e califica a posición dos socialistas de «populista».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS