sábado, febrero 1, 2025
InicioNewsRegresan os Cantos de Taberna a Pontevedra da man Maravallada

Regresan os Cantos de Taberna a Pontevedra da man Maravallada

A 12ª edición dos Cantos de Taberna comeza este venres 31 no barrio do Burgo ás 21:00 horas no bar Breogán, en Pontevedra. Posteriormente, o evento continuará no Balizas ata ás 00:00 horas. A actividade foi presentada polo concelleiro de Pontevedra, Demetrio Gómez, acompañado da AC Maravallada, Manuel Espiño.

Esta actividade inicialmente non só transcurrirá no casco histórico senon que chegará á zona de Joaquín Costa e outros lugares da cidade. Ademais, este ano ten novas tabernas que se incorporan como O Moderno, O Noso bar e O Forno. Súmanse a esta iniciativa que ten unha alta demanda por parte dos locais de hostalería da cidade.

Nesta edición, AC Maravallada contará por primeira vez con Sons da Pedreira e Sons das Corbaceiras, dous grupos que xermolaron na cidade nos últimos anos. As agrupacións do Morrazo Vento Mareiro Forza 5 e Peis d´hos tamén participarán dos Cantos de Taberna en febreiro e marzo.

O concelleiro de Pontevedra, Demetrio Gómez, explicou que «voltan os Cantos de Taberna nesta edición 2025 que sabemos que está xerando moita expectación. Temos a moitos pontevedreses e pontevedresas preguntando realmente intereseados e efectivamente, xa están aquí. Como habitualmente acontece, será no último venres dos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril e maio, como sempre en horario de noite de 21 horas ata 24 horas. Amais de encher Pontevedra dunha actividade alegre e divertida da que todos saímos con moi boa cara, é unha colaboración moi interesante entre a AC Maravallada e algunhas empresas desta cidade, que sería imposíblel sen a colaboración dos vecinos e veciñas de Pontevedra que nos achegamos cada ano para cantar con Maravallada”, comentaba Demetrio Gómez.

Así mesmo, Manuel Espiño afirmou que “xa van con este 12 anos de Cantos de Taberna e agardamos seguir moitos máis». Ademais, transmitiu que esta idea acabou sendo un éxito para a cidade. Quixo destacar a existencia de grupos novos emerxentes a raíz dos Cantos de Taberna. Tamén, salientou a distincións en comparacións doutras actividades «creo que somos os primeiros do país que facemos Cantos de Taberna durante tantos meses porque o normal e o típico e facelo nunha data, un día concreto. Nós estaremos do inverno ata a primavera» afirmou o presidente da AC Maravallada.

Finalmente, Espiño anima á xente a “que sigan vindo aos Cantos, que habitualmente son bastante masivos pero queremos que a xente veña a cantar. Nós repartiremos as letras como cada ano para facilitar. Estamos preparando desde Maravallada o repertorio, con cantigas novas para non repetir e que a xente aprenda tamén cantigas novas” resaltou o presidente da AC Maravallada.

Programación

Comeza o programa este venres 31 abrindo Maravallada ás 21:00 horas no Breogán ata ás 00:00 horas no Balixas.

Xa no mes de febreiro, situarase a música en NASA e O Noso bar. Alí, tocarán un grupo da zona de Bueu, do Morrazo, que son Vento Mareiro Forza 5.

No mes de marzo, venres 28, os cantos situaránse nos establecementos Bogotá e A horta do cura, pola zona de Joaquín Costa. Alí, tocará un grupo de Cangas chamado Peis d´hos, que xa estivo en anos anteriores.

No seguinte mes, o 25 de abril, tocará Maravallada e Sons das Corbaceiras en A adega dos avós e O chato, bares ao lado do Centro Histórico.

Finalmente, o 30 de maio, pecharanse estas celebracións nos establecementos Modero e O Forno. Alí, tocarán grupos como Sons da Pedreira e Maravallada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS