Actividades para desfrutar en familia e para todas as idades durante esta fin de semana nas comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Louriña:
Venres 31 de xaneiro
A Asociación Treze Catorze impartirá un coloquio sobre xinecoloxía natural e climaterio no Centro Social o Matadoiro de Salceda de Caselas.
O custe é de 10 euros e o horario será de 18:00h a 20:30h.
En Ponteareas, os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar do contacontos «Xuntos ata a Lúa e máis alá» de Noelia Porto.
O evento ten entrada de balde e realizarase na Sala Multiusos ás 18:00h.
O Concello de Mondariz Balneario ofrecerá unha charla sobre o libro ‘Joaquín Vaamonde Cornide’ impartida polo seu autor Perfecto Ramos Rodríguez.
A entrada é gratuíta e terá lugar na Sala da Cultura ás 20:00h.
A parroquia de Meirol, no Concello de Mondariz, acolle as festas na honra de San Blas.
A festa prolongarase durante toda a fin de semana.
O Teatro Municipal de Tui acollerá a representación de «Fado Alexandrino» da man do Teatro Nacional Sao Joao. A función dará comezo ás 20:00h.
Sábado 1 de febreiro
A parroquia de Budiño, en Porriño, acollerá o festival gratuíto ‘Son do Faro‘ no marco das festas de San Blas.
Salvaterra de Miño contará coa proxección da película de ‘As Neves‘ na Casa da Cultura ás 22:00h.
O Concello de Covelo acollerá o Campionato de Patinaxe de preseleccións provinciais Benxamín-Infantil.
O evento terá lugar no Pavillón Municipal.
A Copa Ibérica de Slalom de Piragüismo desputarase esta fin de semana no Concello de Mondariz Balneario.
O evento terá lugar o sábado e domingo a partir das 11:00h.
En Tui terá lugar o Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico. A saída será a partir das 11:00h de Currás.
Domingo 2 de febreiro
A Comunidade de Baile ‘Meraki’ celebra o seu festival de inverno.
Contará con dúas sesións, a primeira ás 12:00h en Mos e a segunda ás 17:00h en Soutelo.
A Casa Cultural de Salvaterra de Miño acollerá a proxección de ‘La Patrulla Canina: La Superpelícula’.
A entrada é de balde e a película dará comezo ás 17:30h.