sábado, febrero 1, 2025
InicioNewsO Programa Termalismo Social de Ourense supera as 1000 prazas nas primeiras...

O Programa Termalismo Social de Ourense supera as 1000 prazas nas primeiras 36 horas

A Deputación de Ourense abriu ou prazo de solicitudes do programa de Termalismo Social 2025, e transcorridas as 36 horas, as prazas superaron o milleiro. Esta foi a cifra máis alta dende o comezo do Programa en 2013.

Máis do 60% de prazas asignadas corresponden a persoas residentes fóra de Galicia. Esto sucedeu debido a que se presentaron solicitudes dende Galicia, Asturias, País Vasco, Cataluña, Illas Baleares, Andalucía, Madrid, Castela-León e Murcia.

Programa Termalismo Social

Neste programa ofértanse os balnearios da provincia cun total de 92 quendas de estancias termais desde febreiro ata novembro. A principal novidade deste ano é o Termalismo Azul, unha modalidade que pretende potenciar as contornas dos balnearios como espazos xeradores de benestar emocional. Ademais de adquirir hábitos de vida para lograr unha lonxevidade saudable. Para iso, tamén se realizan talleres de lonxevidade saudable e actividades ao aire libre.

Esta modalidade engade ás estancias en réxime de pensión completa e ás técnicas termais un menú especial deseñando por nutricionistas. A base deste menú son os productos autóctonos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) ou de provedores locais con selo Galicia Calidade.

Con todo isto, preténdese visibilizar aos balnearios de Ourense como espazos idóneos para a desconexión. Así mesmo, dase a coñecer o patrimonio, a cultura e a forma de vida das contornas locais.

Programas

Dentro do Programa Termalismo Social pódense atopar variedades de programas, como o Programa Estancias. Este é basado en balnearios de 6 días, con pensión completa, 10 tratamentos termais e acceso as piscinas de agua mineromedicinal.

Tamén existe o Programa Estancias Renfe, que é igual que o anterior pero inclúe amais o desplazamento en tren ata Ourense dende 40 cidades de toda España e o traslado ao Balneario incluído.

Por outro lado, tamén esta o Programa terapéutico que posúe 10, 20 ou 35 tratamentos termais a elixir durante un máximo de tempo. Neste caso, sen aloxamento e cun tratamento personalizado para diferentes patoloxías como a respiratoria, dermatolóxica e traumatolóxica.

Finalmente o Programa Cultural Termal é un programa de fin de semana nun balneario con entrada o sábado e pensión completa. Esta última conta ca cea do sábado e comida a elixir do sábado ou do domingo. Ademáis inclúe dúas técnicas termais por persona.

Dentro deste programa pódense atopar varios balenarios participantes como o Balneario de Laias, en Cenlle, o Balneario de Cortegada, o Balneario de Arnoia, o Balneario de Carballiño, o Balneario de Lobios, o Balneario de Baños de Molgas e finalmente o Balneario de Caldas de Partovia, en Carballiño.

Solicitudes

As solicitudes pódese presentar de forma dixital pola páxina web de Termalismo Social 2025 onde as persoas interesadas atoparán as indicacións para tramitala. Outra forma, pódese presentar a solicitude de forma presencial na Área de Benestar da Deputación de Ourense.

Debido a afluencia de persoas que acudiron á esta Área de Benestar, habilitáronse seis postos para atender presencialmente os tramites de solicitude das persoas. Ademais, decidiuse ampliar de catro a seis as liñas telefónicas habilitadas para informar do Programa. Estas son 988317760, 988317762, 988317766, 988317767, 98831770 e 98831772.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS