As explotacións agrogandeiras galegas estanse a ver afectadas polo desabastecemento de millo e penso para os animais motivado pola guerra de Ucraína, de onde proben o 40% do que recibe. O ministerio di que hai existencias ata mediados de abril.
José González, conselleiro de Medio Rural:
O sector gandeiro ven sufrindo un incremento de custes de produción ao longo de todo o 2021 e a guerra de Ucraína acábao de asfixiar.
Un risco real de desabastecemento de millo e cereais, que son o elemento principal da fabricación dos pensos que consumen os nosos animais.
O 40% do millo que se estaba importando en Galicia proviña de Ucraína ou países limítrofes que ou ben están prohibindo a súa exportación ou ben non a poden sacar, porque saían por os portos do mar Negro.
O conselleiro de Medio Rural lembrou que no ano 2021 a cebada subiu arredor dun 31 %, os pensos subiron de media un 15%, pero que lle hai que engadir outras subas como as da enerxía.
Para o conselleiro de Medio Rural é fundamental que Europa libere a compra de cereais en países como Estados Unidos ou Arxentina, para evitar o desabastecemento.