Galicia prepárase para unha das grandes festividades da comunidade, o Entroido. Moitos son os concellos que preparan os seus desfiles co fin de encher as rúas de cores, música e alegría, como é o caso de Soutomaior, que vén de anunciar as bases para o desfile e concurso de comparsas deste ano.
O desfile de entroido de Soutomaior será o vindeiro sábado 22 de febreiro en torno ás 17:30 horas. As comparsas desfilarán polas rúas do municipio, comezando no Cruce do Viso na Rúa Calvario e finalizando na Alameda de Talo Río, en Arcade. Ao remate do desfile, procederase á entrega de premios e á celebración da festa final.
Haberá premios tanto para as comparsas como para a modalidade de disfraces, na que se poderá competir de forma individual, en parella ou en grupos de entre 3 e 10 persoas. O prazo de inscripción no concurso remata o día 12 de febreiro ás 14:00 horas.
Premios para comparsas e disfraces
No caso das comparsas, haberá tamén un premio para cada comparsa participante, ademais do outorgado polo xurado.
Comparsas:
- 1º Premio: 1000 euros
- 2º Premio: 800 euros
- 3º Premio: 600 euros
Disfraces:
- Individual: 60 e 40 euros para o primeiro e segundo respectivamente
- Parellas: 100 e 80 euros para as primeiras e segundas respectivamente
- Grupo: 200 e 180 euros para o primeiro e segundo respectivamente