martes, febrero 4, 2025
InicioNewsActualidadeMiss Cafeína, Marlon e Miriam Rodríguez entre os artistas confirmados para o...

Miss Cafeína, Marlon e Miriam Rodríguez entre os artistas confirmados para o Morriña Fest

A organización do festival de música Morriña Fest segue confirmando novos e novas artistas no seu cartel. Este ano, o festival, promovido polo Concello da Coruña, celebrarase o 25 e 26 de xullo na Coruña pondo os abonos a venda a partir do 6 de febreiro. Como colaboradores para a realización este evento conta co organismo Turismo de Galicia.

Morriña Fest

Artistas

Nesta edición, o festival xa confirmara artistas coñecidos como Residente, coñecido coñecido como o cantante de Calle 13. Este será o seu único concerto en Galicia deste ano. Tamén tocará o grupo Ginebras compartindo a súa enerxía co público. De igual forma, Mikel Izal presentará o seu traballo «El miedo y el paraíso» ademais de tocar os principais hits da súa carreira.

Sumaráse Mar Lucas, a influencer que deu o salto recentemente ao mundo musical. No seu álbum debut atópase «A Inocente» onde colaborou con artistas da industria como Antonio José ou Zabdiel. O Morriña Fest contará tamén con Jhayco, gañador de 3 premios Billboard e 4 discos de platino. Co seu directo poderase desfrutar ao máximo da posta en escena que preparou con motivo da presentación do seu último traballo «Le Clique: Vida Rockstar (X)«.

Os últimos e as últimas confirmadas por redes sociais do Morriña Fest foron Marlon, Miss Cafeína e Miriam Rodríguez. Aportando a súa esencia ao festival e formando parte do cartel do Morriña Fest 2025.

Entradas

Aínda que a organización do festival indicou o día da venta de entradas con antelación. Acaba de anunciar hoxe, 4 de febreiro, que os abonos estarán dispoñibles a partir do xoves 6 de febreiro ás 13:00 horas, cambiando de día para poder mercalas.

As persoas interesadas poderan adquirir as entradas para o festivala través da páxina web do propio festival. Durante o proceso de compra o comprador ou a compradora terá que aportar os seus datos asi como deberá nominar cada entrada cos datos de cada asistente. O prezo de lanzamento é de 69 euros máis o gasto de xestión.

Aínda que paralalemente, nas redes sociais do festival están realizando sorteos express, de máximo dous días. Nestes sortéanse bonos individuais polo que os e as fans poderán posuír a súa entrada tamén desta forma.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS